XXVI ALGARABIA. 2, 3 E 4 DE SETEMBRO DO VINTEONCE
MUSICA · ARTE · XOGOS · O QUE TI QUEIRAS...
A.C. O NARANXO

14:40 horas Pic-nic no Parque de Loriga.

Prepara o teu menú e vente a desfrutar dun pic-nic ó Parque de Loriga. Bo ambiente e música ó aire libre.

 

16:30 horas –Exposicións no Parque de Loriga a cargo de diversos artistas.

Co propósito de recuperar o espírito das antigas edicións da Algarabía, diversos artistas exporán as súas obras no Parque de Loriga durante toda a tarde.

 

17:00 horas –Xogos no parque para nenos e maiores e “Campionato Mundial de Pelota no Aire”.

 

18:00 horas –Subasta de Torta-zos.

Este ano celebraremos a primeira subasta de tor-tazos, na que un feixe de voluntarios se sacrificarán para levar un tartazo nos fociños, todo por unha boa causa… “papar merengue”.

 

Sigue-->