A Asociación Cultural O
Naranxo quere agradecer a colaboración prestada nesta XXVI Algarabía ás
carnicerías Ignacio, Lalín, Hermida, Vicente, Failde, Pereiro, Hipercarne, O
Brañas, Richard, Besteiro, Luís Otero, R. Failde, Anzo, Varela e Embutidos
Lalinense pola doazón dos seus exquisitos embutidos para exposición e
degustación celebrada o sábado.
Agradecer tamén ás panaderías Balado, Fernández, Matelo, Fernando,
Nercellas, Manolo da Morena e Amapán Deza pola doazón do seu pan máis
artesán.
Ós grupos SecondArmy,
Morne, Sobredosis, Ërglis, Síntoma Anarkista,
Spirit of a Dog e Lincorne polos seus respectivos
concertos.
Do mesmo xeito, agradecer a Jose Luís Factor, Paxaro (The Bird) ,
Manolo Novo, Carrasqueses, Pablo Doval , Carlos Quintá e Benxamín por
facernos desfrutar coa súas músicas.
A Tiro na Testa e Tarabela polos equipos de luces e son, e a Alberto
Quintá polo seu traballo como técnico, que fixeron posible que os concertos
saísen adiante.
A Motor Perkins pola doazón do seu magnífico cd en directo para a
Algarabía.
Ó Grupo de Consumo Tarabela pola doazón das súas
magníficas empanadas.
Á xente do Local Cabirtas e a Dous Tolos Moi Tolos (Pity e Demo)
pola súa espectacular actuación do venres e pola súa colaboración e axuda.
Ós artistas Antón Iglesias e Adriana, Alex Ferreiro, Gery Alejandro
Perez, Ana Dobarro, Meijomence e Alberto Oro pola exposición das súas obras.
A La Casa de los Juegos e a Luchi polos fermosos xogos que fixeron
as ledicias de nenos e maiores no Parque de Loriga.
A Lois Alfaya, Carlos Taboada e Sebas pola súa exquisita cervexa
Gorde’s e polo seu gran traballo e colaboración.
A Diego (Moli) pola elaboración das súas riquísimas tartas
merengadas e á tódolos que puxeron a súa fermosa faciana para apreciar a
fina textura do merengue en primeira persoa (Nuria, Kg, Diego, Samuel, etc…),
sen esquecernos do presentador do Concurso de Tortazos, o gran Dani Mejuto.
A Julia Otero Interioristas,
Restaurante Epi, Pegatinas, Gus (o de Marujita),
Electricidade Montoto e a Dispraco pola súa predisposición e inestimable
axuda.
A Celsiño polo Record Mundial de
Pelota no Aire e a María García e Marta Otero pola
súa merendola tropical.
Os nosos agradecementos a toda a prensa local pola gran cobertura do
evento.
Finalmente agradecer ós veciños
e veciñas da Rúa da Ponte por aturarnos e a todos e todas os que vos
achegastes a desfrutar desta XXVI Algarabía.
DENDE A ASOCIACIÓN CULTURAL O NARANXO MOITAS GRAZAS A TODOS E
!!!VIVA A ALGARABÍA!!!
VOLTAR INICIO
-->