I Concurso de Microrelato Urinario (ano 2001)
Na XVII Algarabía, no ano 2001, organizamos o I Concurso de Microrelato Urinario. A idea era recoller a creación espontanea e en moitos casos efímera, que xurde a hora de facer pis e caca, de retocarse o aspecto, ou outras cousas inconfesables que se fan nos baños dos bares. A tal fín, colocaronse un mes antes da Algarabía, e 10 bares e pubs de Lalín, uns paneles en branco co seu correspondente rotulador e unha breve información do que se pretendía. A resposta foi moi desigual según os bares, amosando que existían bares con moita participación e alto contido lírico, épico e poético, e outros nos que as aportacións non pasaban do mero tópico escatolóxico. Con todo, os 10 paneis foron expostos na Algarabía dese ano despertando gran interés.
Unha breve selección dos textos deste concurso de microrelato urinario está montado sobre papél e atópase no arquivo da asociación.
Se tedes interes en recibir os textos, podedelos pedir ó enderezo onaranxo@onaranxo.org

¿Queres recibir información sobre actos culturais e sociais na Comarca do Deza? ¿Anunciar ou convocar actividades?. Envia un correo a onaranxo@onaranxo.org ¡Xa somos 500!
_______________________

