II Xornadas Antifascistas da Asociación Revuelta en el Frenopático (ano 2006)
Como sempre a Asociación “Revuelta en el Frenopático”, sorpréndeunos pola sua forza e calidade. do seu traballo… Publicamos o que foi o programa completo das II Xornadas Antifascistas de Lalín como apoio ó brillante traballo organizativo destes mozos e mozas de Lalín,
II XORNADAS ANTIFASCISTAS Lalín, 5, 6 e 7 de xaneiro de 2006
Xoves 5 20:00 / Antigo Colexio Manuel Rivero.
Conferencia: “O relato dun anarquista na revolución española” por Xosé Iglesias Paz
Tralos problemas de saude que nas pasadas xornadas lle impediron compartir comnosco as súas vivenzas, Xosé estará en Lalín para narrar, coa súa sinxeleza, o que o levou a militar dende ven novo no sindicato anarquista da CNT e participar de forma activa na Guerra Civil. A fame e o paro na Galiza levarao a abandoar a súa aldea para buscar traballo en Cataluña. As inquedanzas e o desexo dunha vida mellor para a clase traballadora farán que se interese polo anarcosindicalismo e que arrisque a súa vida pola “idea”.
Fuxido, víctima dos campos de concentración en Francia, condeado a morte en España, exiliado en Suiza… A vida de Xosé segue a ser admirábel. Testemuñas coma él non son moi comúns e poder telo entre nós é un privilexio.
Xosé non e un confereciante, Xosé conta a súa vida e deixa unha mensaxe: “A loita continúa”
Venres 6:
Proxección: La Haine (O odio) 18:00 / Antigo Colexio Manuel Rivero

Dir. Mathieu Kassovitz (Francia, 1995). A historia de O odio está inspirada na morte, en 1993, do árabe Makomé, de 17 anos morto dun disparo mentres era interrogado pola policía. Trata a historia de tres mozos: Hubert, negro de orixe africana, Vinz, xudeu e Saïd, árabe. Os tres viven na cidadela de Muguets (París) que esperta en estado de sitio tralos disturbios entre mozos e policías, provocados porque un mozo árabe de dezaseis anos (Abdel Ichach) permanece grave nun hospital logo dun interrogatorio policial. Durante os disturbios, Vinz atopa a pistola dun policía e xura matar a un deles se Abdel morre.
O odio supón a denuncia dunha sociedade que busca o benestar para uns poucos. O estreo da película estivo rodeado dunha forte polémica.
Esta película semella un presaxio do acontecido fai pouco en París.
Conferencia: “As consecuencias abientais da desordenación territorial no ámbito galego e do Deza” 20:00 / Antigo Colexio Manuel Rivero
-Martiño Nercellas Méndez (responsable de biodiversidade da Federación Ecoloxista Galega)
-Daniel López Bispo (secretario de ADEGA)
Abordarase a problemática da situación ambiental da Galiza a partir da análise de como se fixo ordenación territorial nos últimos anos no país. Precisamente, os poñentes critican que se algo hai que mudar de xeito inmediato para acadar un maior respeito ao noso patrimonio natural e biodiversidade e poñer freo á grande perda e deterioro da calidade ambiental do litoral, ríos e montañas, son as políticas de xestión e planificación territorial. Ata o de agora, os plans sectoriais viñan facéndose á medida de intereses particulares (sector eléctrico, construcción, etc) e antepoñéndose ao interese xeral. Non existe unha planificación integral en termos de ordenación territorial equilibrada con outros intereses e menos aínda contando coa aplicación da variable ambiental.
O resultado desta falta de xestión responsábel co patrimonio natural comprobámolo na situación de moitos dos nosos ríos, montañas, bosques, litoral, ou na perda acelerada de especies emblemáticas.
Venres 7:
Xantar Popular: 14:00 / Antigo Colexio Manuel Rivero. Confirmar asistencia no telfno. 615248074 ou en enelfrenopatico@mixmail.com. Ata o venres (incluido)
Conferencia: “José Couso. Crimen de Guerra” 18:00 / Antigo Colexio Manuel Rivero
-David e Javier Couso Permuy (Irmán do cámara asasinado en Irak)
O día 8 de abril de 2003, o exército estadounidense asasinaba ao cámara de televisión José Couso mentres grababa dente unha fiestra do Hotel Palestina, un hotel dende o que xornalistas de todo o mundo informaban do que acontecía durante a invasión de Irak. José non foi o único e as campañas internacionáis comezaron a pedir xustiza polos asasinatos. En Madrid, o Colectivo de Hermanos, Amigos y Compañeros de José Couso, comezaba a manifestarse diante da embaixada dos EEUU e da sede do Partido Popular na rúa Génova. O goberno español e estadounidense fixo oídos xordos ignorando as multitudinarias peticións de xustiza. Hoxe, tras preto de tres anos de loita, este caso segue sen pecharse, pero a súa familia non se rende. Fai tres meses, a nai de José, Maribel Permuy López, dirixíase aos militares que asasinaron ao seu fillo: “Me da pena pensar en vosotros, siento una inmensa pena. Y no sólo por vosotros. Me estremezco al pensar, por un momento, en vuestras madres. Ellas son madres como yo; mujeres que hemos tenido la bendición de traer vida a este mundo. Mujeres que han luchado, con denuedo, para sacar a sus hijos adelante. Estoy segura de que vuestras madres son así, gente estupenda, madres sacrificadas, que os aman. Que os quieren tanto como yo quiero, a día de hoy, a mi hijo José, al que vosotros asesinasteis.”
Proxección: (Johnny colleu o seu fusil) 20:00 / Antigo Colexio Manuel Rivero
Dir. Dalton Trumbo (EEUU, 1971)
O último día da Primeira Guerra Mundial, Joe é ferido de gravidade. No hospital, sen brazos, nen pernas, sen poder ver, nen alimentarse normalmente, recibe a mellor atención médica. Só a súa conciencia funciona, o que lle permite enfrontarse ao horror no que se convertiu a súa vida.
Máis que unha película antibelicista, trátase tamén dunha apoloxía da eutanasia. Trumbo adapta a súa propia obra, aínda que o seu desexo era que Luis Buñuel o fixera.

¿Queres recibir información sobre actos culturais e sociais na Comarca do Deza? ¿Anunciar ou convocar actividades?. Envia un correo a onaranxo@onaranxo.org ¡Xa somos 500!
_______________________