Correo do Asociacionismo

¿Queres recibir información sobre actos culturais e sociais na Comarca do Deza? ¿Anunciar ou convocar actividades?. Envia un correo a onaranxo@onaranxo.org ¡Xa somos 500!
_______________________

_______________________

______________

Foro

Contidos

Videos Educativos de "O Naranxo"

¿Ainda eres dos/das que non sabes cantar o himno? ¿non che da vergoña? Mini e Mero ensinanche a cantar con orgullo de ser Galegos!

¿andas un pouco perdido ideoloxicamente?

derradeiro discurso de Salvador Allende
Discurso de Charles Chaplin en El Gran Dictador (1940)
Discurso da pelicula V de vendetta
I have a dream. Martin Luther King

Seminario Aberto de Ecoloxía (ano 1987 ate 1991)

O Seminario Aberto de EcoloxÍa foi unha iniciativa de Alberto Granja (K.G.)  desenvolvida por “O Naranxo” entre os anos 1987e 1991 pola que pretendíamos dar a coñecer o Medio Natural Galego en base a saidas ó campo, a realización de conferencias, debates, e a catalogación.

A ideas directrices eran:

Involucrar a  estudantes e licenciados universitarios de titulacións relacionadas co medio natural (Biólogos, Farmacéuticos, Inxenieiros técnicos Agrícolas, capataces forestais, etc).

O contacto e intercambio de experiencias e actividades con outros grupos ecoloxistas e naturalistas de Galiza.

Dirixir as actividades do Seminario preferentemente a mocidade, e en especial a alumnos dos institutos, realizando as actividades do Seminario preferentemente en periodo vacacional para servir de alternativa de ocio.

Animar no posible a presentación de denuncias ante as autoridades das mútiples desfeitas que se producian contra o Medio Natural, e facer un seguimento destas.

Na denuncia medioambiental destacamos os casos de verquidos ó regato Pontiñas de fecais sen depurar, os problemas do poligono de Botos cos verquidos “libres” ó Asneiro,  os basureiros incontrolados e as canteiras ilegais que daquela empezaban a inzar no rural con denúncias diante do Concello de Lalín.

Tivemos saidas ó campo organizadas por “O Naranxo” como as feitas as Serras do Candán (aldea de Grobas, Brañas de Masgalan e neveiras, alvarizas de Zobra) Serra do Testeiro (curros do monte) , percoridos por ríos  (Deza, Asneiro, Ulla , Lerez), e apuntámonos en actividades doutros grupos cos que fumos as grandes serras (Ancares, Courel, Trevinca, Cova da Serpe, O Cadramón, A Fonsagrada e o Xurés) e a varios ecosistemas costeiros (Carnota, Cabo Vilán, Corrubedo e Baldaio).

Importante tamén e suliñar que esta labor de divulgación mediambiental, seguimento e presentación de denuncias abandonóuse, xa que o inmenso traballo desenvolvido dende 1990 polo Grupo Ecoloxista Sobreira nestes campos fixo que fora este grupo o que levara o peso do traballo mediambiental no Deza. A sociedade do Deza ten unha debeda de gratitude con Sobreira polo seu bo, e as veces arriscado traballo a prol da Natureza.

Actualmente en Lalín existe o Clube de Montañismo “A Peniza” con un moi importante traballo  en canto a escalada, (rocodromo e zona de escalada en A Peniza) e en canto a rutas de fin de semán.