A cultura abre-casas
Proxecto: a cultura abre-casas
Desde o FORO PARA CULTIVOS CULTURAIS damoslle a benvida a todo o mundo que queira encontrarse durante catro días cun espazo expositivo e activo singular: A Casa de Lita e Julio Balado e das súas fillas e fillos, que tan amablemente a ceden, cargada de recordos, a todo o pobo antes de pasar a mans de novos propietarios
Esta casa está tamén no recordo veciñal, porque nela deuse a luz o Cine Lalín, e tivo de colchóns o Café da Marquesina e O Bodegón. Todos lugares de encontro e convivencia, todos lugares onde se garda a memoria e a identidade do pobo. Medramos entre paredes e portas abertas
Verdadeiramente
Inauguramos (pero non inauguramos) un espazo expositivo con artistas plásticos
Abrazamos (pero non abrazamos) unha casa con moitos anos de historias e vida
Presentamos (pero non presentamos) intervencións variadas que enriquecen o evento
Desexamos (pero non desexamos) encher a casa
Verdadeiramente, o que inauguramos, abrazamos, presentamos e desexamos é un Lalín de posibilidades. Porque hai moito máis Lalín que o que se ve
Atentamente
PROGRAMA PARA CATRO DÍAS:
Venres 10 de outubro de 2008
Apertura ás 20 horas, na planta primeira da casa, da exposición de obra dos seguintes artistas plásticos (cada un co seu espazo):
Armindo Salgueiro
Luis Iglesias “Luchi”
Álvaro Negro
Antonio Taboada “Willy”
Misha B. Golás
Julio Balado
Eduardo Meijomence
Antón Iglesias
Damián Payo
Paco Lareo
Celso Fernández
Guillermo Aymerich
Carlos Quintá
José A. Fondevila
Ana Dobarro
E Grupo Viravolta
+
Charla do Arquitecto Luis Gil, co título: A CASA RECÉN DESHABITADA
+
MÚSICA INFINITA PARA UNHA CASA PEQUENIÑA DE GRANDE, ofrecido por Carlos Quintá e Benjamín Otero
Sábado 11
Exposicións en horario: De 11 a 14 e de 17 a 20 horas
Presentación dunha receita de cociña (TENREIRA EN ROLO CON MAZÁ ASADADA E GUISO DE CASTAÑAS) por Diego A. López, inspirada no saber culinario de Lita e nos gustos e recordos de toda a familia que se criou nesta casa
Ás 20 horas, concerto no balcón, ofrecido por Iago Mouriño (piano)
Domingo 12
Continuación das exposicións no mesmo horario
Ás 20 horas, concerto desde o balcón ofrecido por Carlos Quintá e Benjamín Otero
Luns 13
Último día das exposicións no mesmo horario
Ás 18 horas, Pequena sesión de contos para nenas e nenos, ofrecida por Celso Fernández, titulada: NON HAI CASA ESCASA
Ás 20 horas, Espectáculo de danza a cargo de Begoña Cuquejo e Jurij Konjar
THE END
Todo este proxecto conta co agarimo das asociacións culturais: O Naranxo, Manuel Ferreiro e Pai Arnego, da Taberna O Galopín, do Barriga Verde Café, do Maloka, da Imprenta Alvarellos e de Nonsi? Servizos Culturais
E coa participación amorosa de todos e todas
Todo esto sen ningún tipo de subención… todo a presuposto =0.

¿Queres recibir información sobre actos culturais e sociais na Comarca do Deza? ¿Anunciar ou convocar actividades?. Envia un correo a onaranxo@onaranxo.org ¡Xa somos 500!
_______________________

Octubre 11th, 2008 a las 1:22 pm
Visite ayer la exposición y lei el programa. Tengo que deciros que conecto totalmente con vuestra visión de despedida de una casa. Yo ahora vivo en Lalín y hace un año pase por el abandono de lo que fue mi hogar familiar desde mi infancia, con toda la perdida de recuerdos que significo para mi. Todo vuestro proyecto me parece de una sensibilidad exquisita y os doy las gracias por ofrecérnoslo.
Descubrí vuestro trabajo este año en la algarabía y os animo a seguir con vuestra visión de lo que es la CULTURA con mayúsculas.
Octubre 12th, 2008 a las 11:37 pm
en vista do éxito obtido xa só vos falta facer un plan de tráfico e a ver se Crespo se da conta do que ten dentro e sobre todo do que esta fora.
parabéns!
Octubre 13th, 2008 a las 11:50 am
Parabéns coma sempre ao naranxo, exemplo de como se poden facer as cousas ben na cultura de Lalín a coste 0 con ilusión e compromiso.
Octubre 13th, 2008 a las 3:29 pm
parabéns ó naranxo, da gusto ter actos culturais, a casa estaba fermosísima
Octubre 14th, 2008 a las 1:11 am
Xa sabedes o que penso , así chégase lonxe. Canta xente grande temos e que pouco a aproveitamos.
Octubre 14th, 2008 a las 11:59 am
señores do PSOE a facer politica a outra parte esto é cultura.
Octubre 14th, 2008 a las 1:40 pm
home Xurxo, tampouco o comentario de Nico é como para acusalo de facer política.. ¿ou por ser do Psoe non vai poder dar unha opinión?.
Octubre 14th, 2008 a las 3:56 pm
Parabéns ao FOCUCU e a todos os que tiveron esta xenial idea.
Agardo a que non haxa que deshabitar outra casa para que xurda unha iniciativa deste tipo.
Todo estivo moi ben, pero o que máis me gustou foi a intervención de Luís Gil; ese (des)arquitecto dos sentementos que deixou ben claro que o importante non é o continente senón o contido.
Octubre 14th, 2008 a las 7:06 pm
non me referia a essa persoa senon en xeral
Octubre 15th, 2008 a las 12:51 am
Menos mal ,pensei que ter unha opción política era motivo para censurar opinións desa persoa.
Novamente felicidades e coincido con Pío en que Luis estivo moi ben.
Octubre 18th, 2008 a las 10:26 am
Caramba,realmente ten boa pinta a iniciativa…parabens,magoa non poder participar…ao mellor cando tiren o hospitalillo ou a casa da Maragota ultimo e belisimo reducto…outra vez parabens a ver se entre todos….
Noviembre 8th, 2008 a las 1:55 am
estivo moi ben, impresionante o da ¿danza contemporanea?…