Galicia “Bilingüe”
Sae hoxe a nova que varios da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) serán chamados a declararar nun xulgado de Vigo a causa dunha denuncia formulada pola “asociación” Galicia Bilingüe.
Resulta que hai un vídeo de debuxos animados, VILINGÜISMO, realizado polos A.M.I. con motivo do Día das Letras no que cóntase a historia dunha vila galega que é invadida por un grupo de alieníxenas que queren terminar co galego e impoñer o castelán (…) pero un grupo de mozos GZ descobren que algo cheira a chamusco, loitan contra o “Bilingüismo Harmónico” dos extraterrestres (os de Galicia Bilingüe) e claro está, gañan ó final.
O vídeo esta feito en Java, é de estética “south Park”, ten unha historia sinxela, da moitos datos sacados de calquer libro de texto escolar, nomea a Galiza Bilingüe, usa fotos dalgún deles, ten moitos tópicos típicos do discurso independentista e di bastantes verdades coma puños. Nada que non viramos ou léramos xa nalgún medio de comunicación. Nada que non se diga no Antroido.
Pois resulta que tal vídeo (según Galicia Bilingüe) é un chamamento “al odio y a la violencia contra la asociación” e que “anima a atentar” contra os seus membros (…) polo que lle imputan ós tres de A.M.I. dous supostos delitos, un “contra las libertades fundamentales” e outro de “amenazas y coacciones” pola realización e difusión (en institutos, colexios, actos do dia das Letras Galegas) do filme de debuxos animados. Home! que os de AMI non lle teñen aprecio ós de Galicia Bilingüe queda claro no vídeo, pero deso a que anime a atentar contra eles hai un cacho.
Estes de Galicia Bilingüe teñen o gatillo da denuncia moi floxo, pouco sentido do humor, amigos avogados, pasta, e bastante mala hostia …
Claro que ó mellor estamos nós trabucados. Isto pode ser polos problemas psicolóxicos que seguramente arrastramos por ter unha infancia na que se nos falou galego, (o porqué desto aquí ) así que podedes ver o vídeo e sacar as vosas conclusións na web GzVídeos premendo aquí (ollo que dura 27 min).
Nós pensamos que Galicia Bilingüe vai camuflada cun discurso guay-liberal e victimista que baixo o camelo para tontos de defender a ‘libertad de elección de idioma’ teñen as intencións de frear calquer intento de salvar o Galego e impedir levar á practica as leis aprobadas fai anos (e polo PP para mais coña) en canto a normalización lingüística, e nunca levadas a práctica REAL. Si, algo cheira a chamusco.
Galicia Bilingüe, según das súas declaracións nos medios, alucina interesadamente nun escenario social irreal no que se supón que o castelán esta a punto de desaparecer da Galiza, nas escolas so se fala en Galego, os non falantes de Galego están discriminados, os da Mesa pola Normalización Lingüística son malos malos maliiisimos, e que eles son ‘pobres persoas’ ás que se lles coartan liberdades. M.A.N.D.A.C.A.R.A.L.L.O.
A triste realidade é que hai unha lingua, o castelán, que por moitas razóns, cada día que pasa é mais hexemónica. A penosa realidade é que estamos ante un etnocidio (a desaparición do galego) denunciado pola UNESCO (que son bastante pouco sospeitosos de rojos e deben saber bastante o que din, e por que o din). Os do vídeo saben ben o que din.
Podedes ler unha opinión sobre estes de Galicia Bilingüe e albiscar a súa verdadeira faciana premendo aquí outra aquí e aquí
Tamén podes ir a esta fantástica paxina a botar unhas risas, que estes si que teñen sentido do humor…
E para rematar, tedes estos videos en youtube sobre o tema: vídeo 1 e vídeo 2

¿Queres recibir información sobre actos culturais e sociais na Comarca do Deza? ¿Anunciar ou convocar actividades?. Envia un correo a onaranxo@onaranxo.org ¡Xa somos 500!
_______________________

Septiembre 25th, 2008 a las 2:40 pm
Boa información, gracias!
gostame moito o voso traballo. Na Galiza en Galego!