Correo do Asociacionismo

¿Queres recibir información sobre actos culturais e sociais na Comarca do Deza? ¿Anunciar ou convocar actividades?. Envia un correo a onaranxo@onaranxo.org ¡Xa somos 500!

______________

Foro

Contidos

Videos Educativos de "O Naranxo"

¿Ainda eres dos/das que non sabes cantar o himno? ¿non che da vergoña? Mini e Mero ensinanche a cantar con orgullo de ser Galegos!

¿andas un pouco perdido ideoloxicamente?

derradeiro discurso de Salvador Allende
Discurso de Charles Chaplin en El Gran Dictador (1940)
Discurso da pelicula V de vendetta
I have a dream. Martin Luther King

Proposta institucional do Consello da Cultura sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia

Recollemos da web do Consello da Cultura Galega a nova dunha importante declaración (sen tempo non era..), que aínda que pensamos que chega bastante tarde, e con moito mal feito por parte de frijolito e compañias, é de agradecer que por fín algúns saian do seu letargo…

O Consello da Cultura Galega deu a coñecer hoxe unha ”Proposta institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia”, aprobada polo Plenario da institución. O documento foi presentado nunha rolda de prensa polo presidente, Ramón Villares, o secretario, Henrique Monteagudo, e o coordinador da Seccción de Lingua, Literatura e Comunicación, Víctor Freixanes. Pouco antes Ramón Villares fixera entrega da proposta á Presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e remitira tamén o documento aos grupos parlamentarios. O CCG propón  ao Parlamento que promovoa “a constitución dunha Comisiòn Parlamentaria que, oídas as institucións, colectivos e expertos que considere oportuno convocar, elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización Lingüística”.

  1. Descargue a Proposta Institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia (en PDF)
  2. Escoite a rolda de prensa de presentación (en MP3)

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.