|
|||||
|
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
View more presentations from A profa .
Ola a todos/as Recibimos un correo informandonos da creación dunha nova web en Agolada: O boi do Baladoiro.
Esta iniciativa propón a comercialización de carne de Vacún ecoloxíco directamente ao consumidor, envasada para conxelar. Podedes ver mais información en http://oboidobaladoiro.wordpress.com/ O venres pola noite, dia da Gala do Cocido, militantes do PSOE de Lalín baixaban pola principal pegando unhas follas do grupo local do PSOE no que protestaban pola xestión da piscina municipal e as intencións do alcalde con respecto a ela. Nas follas podíase ler claramente o logotipo do PSOE, e a autoría do texto quedaba totalmente clara. Non era un anónimo. E por descontado dicir que en O Naranxo non entramos en si os do Psoe teñen razón no que din (o tempo o dirá), pero que teñen o dereito de decilo si!. Abonda xa de malos “aires” en Lalín! Cronica de Amelia Ferreiroa en La Voz de Galicia. http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/02/06/0003_8276588.htm. Ao remate da Feira do Cocido deste domingo en Lalín, a Asociación Cultural O Naranxo dará o pistoletazo de saída á programación do Antroido deste 2010. «Antes a procesión do Santo Torrisco era o sábado de Antroido. Unha procesión que conleva entrar en máis dunha taberna e o santo acababa coma o Rosario da Aurora. Por iso, pola cantidade de bares a visitar, decidimos trasladar xa a Santo Torrisco este mesmo domingo dende o Barriga Verde á Cacharela. Alí quedará na capela ata o domingo de Antroido», así o explica Alberto Granja -secretario do colectivo O Naranxo-. Un traslado do santo no que non faltará música e cantos. Santo Torrisco chegará ao barrio de A Cacharela acompañado pola Rondalla de Brántega, e por un bo número de músicos, que interpretarán un amplo repertorio de boleros e de vellas cancións. Para aqueles que queiran cantar, Alberto Granja recoméndalles «descargar da páxina web da asociación o folleto con todas as cancións que se van interpretar. Alí están todas as letras». Ao carón do santo, unha vez en capela, se ubicará unha cesta para que os interesados depositen as súas rogativas. «Os problemas dos que se queira librar cada un que o poña nun papel, que o deixe na cesta das rogativas e o mércores todo se queimará xunto co Antroido. O santo é moi milagreiro pero o que de verdade é un milagre é que o Naranxo continúe facendo o Antroido despois de vintecinco anos». ProLingua, plataforma civil comprometida coa defensa da lingua galega,presentará o venres ás 8.30 no Museo Ramón Aller de Lalín ao igual que en 70 localidades de Galiza, do estado español e do mundo a súa primeira publicación: “55 mentiras sobre a lingua galega”, compendio de textos coordinado por Xosé Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo. Presentarán o acto: Marta Negro, Rafa Cuíña e Alberto Granja
Máis información: ProLingua, http://www.prolinguagalega.org A Agrupación de Asociacións da Memoria Histórica da provincia de Pontevedra, en reunión celebrada en Vigo o día 9 de xaneiro de 2010, constatado o cambio en negativo por parte do actual goberno da Xunta de Galicia, en relación co corte ou eliminación da promoción e colaboración coa Actividade de recuperación da Memoria Histórica, anulando a anterior liña de actuación que se viña desenvolvendo ata marzo de 2009. ACORDAN: 1.- Denunciar a reducción de financiación do Proxecto Interuniversitario “As vitimas, os nomes, as voces e os lugares”, que tan importante labor estaba a levar adiante, reclamando que se continúe conservando o 100% da súa financiación. Asociacións asistentes.- Asociación pola recuperación histórica de Marín/Marín Xa está todo preparado para o primeiro dos actos do Entroido deste ano: a subida de Santo Torrisco á Cacharela!!! A toda a xente que vos gusta cantar, estades todos/as convidados!!! Repertorio da Subida de Santo Torrisco. Podes baixar o libreto aqui: cara 1 e cara 2 e de seguido as cancións para que vaiades ensaiando…. Palmero Sube a la palma Palmero, sube a la palma CATRO VELLOS MARIÑEIROS Catro vellos mariñeiros, BIS Ailaleiroro, ailalaleiroro Os mariñeiros traballan BIS Ailaleiroro … Levo sardiña e bocarte, BIS Ailaleiroro .. Cuando vivas conmigo (ranchera) De mis ojos está brotando llanto, Y te voy a enseñar a querer, De mis labios está brotando sangre, Y te voy a enseñar a querer, La bella Lola Despues de un año de no ver tierra Ay que placer sentia yo Cuando en la playa la bella Lola Ay que placer sentia yo La Barca De Oro Yo ya me voy Yo ya me voy No volverán Voy a aumentar No volverán Voy a aumentar Adiós mujer Mi Viejo amor Por unos ojazos negros Al dejarlos algún día Que un viejo amor Al dejarlos algún día MUÑEQUITA LINDA Te quiero, dijiste, tomando mis manos Muñequita linda, Yo te quiero mucho, A Rianxeira A virxe de Guadalupe | a barquiña que a leva | Ondiñas veñen, ondiñas veñen| A virxe de Guadalupe | descalciña pola area | Ondiñas veñen, ondiñas veñen| A virxe de Guadalupe | foi un raíño de sol | “Ondiñas veñen…” SALIO DE JAMAICA Salió de Jamaica, cargado de ron No siento el barco, no siento el barco No siento el barco, no siento el barco Yo vendo unos ojos negros Yo vendo unos ojos negros, | Más te quisiera, más te amo yo, Cada vez que tengo pena, | Más te quisiera… Las flores de mi jardín, | Más te quisiera… Ojos negros traicioneros,| Más te quisiera… Tus perjumenes Son tus perjumenes mujer, Tus ojos son de colibrí, Son tus perjumenes mujer… Tus labios pétalos en flor, Son tus perjumenes mujer.., Tus pechos cántaros de miel, Son tus perjumenes mujer…. Tu cuerpo chucaro mi bien, Son tus perjumenes mujer…. La media vuelta Te vas porque yo quiero que te vayas Yo quiero que te vayas por el mundo Si encuentras un amor que te comprenda Te vas porque yo quiero que te vayas…. Guantanamera Guantanamera Yo soy un hombre sincero Guantanamera.. Mi verso es de un verde claro Guantanamera.. con los pobres de la tierra Guantanamera..
Santo Torrisco de Siracusa naceu en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 192 D.C., durante unha terrible ola de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha alacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño, sacou torresmos para tódolos habitantes, o que a historia chama “a milagre dos Torresmos”. Martirizado e queimado en Lalín polo Cónsul Panem Accuae, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Angelicus Basterrae no ano 1989.
Dáme un torresmo
Santo Torrisco Bendito, non mo des cru, mellor dámo frito. ¡Hai Santo Torrisquiño! Santo Torrisco bendito Santoral: Indulxencias: Liberación do pecado do fornicio se é recitada con fe antes do acto Os gaiteiros e músicos do Deza aclamámolo como santo patrón no Antroido de 1992 e dende aquelas acompañan o Santo no seu peregrinar polas tabernas o Sábado de Antroido que é cando descende do seu nicho onde é venerado todo o ano no Bar Barriga verde, sendo o Descendemento de Santo torrisco o inicio dos actos do Antroido…
A Procesión de Santo Torrisco iniciase na Taberna da Praza onde se xuntan todos os devotos que o acompañan polas tabernas de Lalín.
A procesión do Santo inclúe a lectura das “Coplas dos Cegos” na que con mofa e escarnio pásase revista a todo o acontecido nese ano…
e despois de unha noite de devoción volve a ascender o seu nicho onde queda ata o seguinte ano…
O SáBADO 30 XANEIRO AS 18:00H EN TARABELA COOP57 e unha cooperativa de servizos financieiros, creada en Barcelona en 1995, que destina os seus recursos propios a dar prestamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomente o cooperativismo, o asociacionismo e a solidaridade en xeral e promovan a sostenibilidade sobre a base de principios eticos e solidarios. Os recursos propios de COOP57 proceden principalmente de duas fontes: Os socios/as colaboradores/as poden participar da seguinte maneira: * Depositando os seus aforros a prazo. “Un proxecto a coñecer, unha alternativa á Banca Convencional” O xoves 28 de Xaneiro teremos unha pequena mostra do traballo do gran cineasta Charles Chaplin, famoso polas súas películas mudas e cheas de humor ácido e crítica social. Neste repaso por parte da súa obra centraremonos nos comenzos de Chaplin como director e proxectaremos as seguintes curtas:
A cita con Charles Chaplin será o xoves 28 de Xaneiro ás 22:00 con entrada libre. Mais información | Charles Chaplin na wikipedia |
|||||
|
Copyright © 2010 O Naranxo.org - Tódolos dereitos reservados |
|||||